DEAKIALLI docu MENTAL

Cajón desastre sobre Documentación, ahora en deakialli.bitacoras.com

LA FRASE


"El regalo de un libro, además de obsequio, es un delicado elogio.”.
Anonimo








ESTAMOS EN

Econozco











DEAKIALLERAS

Vanesa Barrero

Carolina Peciña

Catuxa Seoane

Marian Villar



SINDICANOS

Atom

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Prestige: exiximos responsabilidades

Oyxter

www.blogwise.com

by Blogger

 bitacoras.com

Feedback by backBlog

Suscribirse a este blog en Feedmanía

Vota para los premios a las mejores bitácoras de 2004
 
Feliz Dia das Letras Galegas

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, se o ano pasado homenaxeábamos a Antón Avilés Vinagre, no 2004 adicamos este día a figura de Xaquín Lorenzo Fernández.

Xaquín Lorenzo Fernández, más coñecido polo nome de "Xocas", nace en Ourense o 23 de Xuño de 1907 e toda á súa vida queda marcada pola repentina morte do seu pai e as súas feridas de guerra durante a contienda Civil en España que incidirán fortemente no seu carácter. Formou parte do Grupo Nós con Risco, Florentino Cuevillas e Otero Pedrayo, colaborando na revista Nós que dirixía Vicente Risco. Xocas sería un dos encargados da montaxe do Museo Etnográfico que que desapareceu coa dictadura de Franco. Tamén foi membro do Seminario de Estudios Galegos (ó que accede cun estudio sobre o carro), da Real Academia Galega e presidiu o Padroado do Museo do Pobo Galego.

    Prolífico etnógrafo e home de bo carácter, Xocas pertence á vella escola do galeguismo culturalista, demostrando un especial interese pola arqueoloxía, interesouse principalmente pola etnografía e o folclore galegos. Percorreu toda Galicia recopilando información para o seu libro Etnografía. Cultura material, que é o volume 11 da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo.

    En 1930 publicou –xunto con Florentino Cuevillas- o libro Vila de Calvos de Randín, e entre os seus traballos figuran tamén Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular; La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense; Nosa Señora do Viso; La casa gallega; Cerámicas castrexas pintadas; Las habitaciones de los castros; O pastoreo na serra de Leboeiro; La capilla visigótica de Amiadoso; Deidades marianas en el Ourense romano; Vellas artes de pesca no río Miño; A casa; Distribucións dos xugos na Galiza; Metamorfosis dunha casa castrexa; La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós; Cantigueiro popular da Limia Baixa; Sobre algunos saludos en gallego…

Este guardían da nosa cultura e notario da nosa historia finou en Ourense o 18 de xullo de1989.

Se queredes ampliar a información e leer algo da obra de este autor aquí tedes amplia información , ademáis da páxina Diadasletrasgalegas.com.


Catuxa